Festa da pandeira 2013

A principal idea da FESTA DA PANDEIRA é conservar este instumento musical milenario nos Ancares pero hai zonas do mundo nas que ten plena actualidade.


En casi todo o mundo islámico, as variedades de pandeira que teñen os respectivos países, están moi presentes na vida social actual. A chamada “primavera árabe” deixounos ver na televisión esa presencia, en manifestaciois e celebraciois urbanas de Marrocos, Túnez, Libia ou Exipto, algo impensable aquí.
En Brasil, a variedade de pandeira chamada “pandeiro” ten úa actualidade enorme pois é a principal percusión da samba. Trátase dun instrumento, xa de tipo industrial, pero cheo de vida nas maos de muitos tocadores, algúis auténticos malabaristas.


O “bodran” é outra variedade de pandeira que quedou moi ben situada nos conxuntos de música tradicional que hai dentro e fóra e Irlanda. Mesmo en Galicia ou Asturias úsase ben máis que a propia pandeira, sorpresas da música urbana.


En Italia, igual que en España, pandeira está distribuída por boa parte da xeografía, con nomes como “tamburello” (xenérico) ou “tamorra” (Nápoles) e conta con intérpretes moi bois e profesionais como Andrea Piccioni, Paolo Cimmino ou Bruno Spagna.


Este ano, a tocadora homenaxeada é Argentina Frey, de 87 anos, que ten vido a casi tódalas ediciois da FESTA DA PANDEIRA, demostrando sempre moita calidade tocando e cantando. Argentina foi emigrante en París durante moitos anos, etapa da que garda unentrañable recordo. Xa en España e xubilada, antes de quedarse viuda, decidiu co seu home ingresar en Alegría Berciana, un prestixioso grupo de musica e baile tradicional de Fuentes Nuevas (Ponferrada) ó que lle gusta enriquecerse co aporte de persoas maiores, conocedoras da música e o baile local. Desta maneira, Argentina poido practicar eses toques, cantos e bailes que sabía de moza e aprender outros novos, que explican a desenvoltura que ten no esceario.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio