Actividade 1 - Atopa o moucho
No audio do punto 5, o Campón, propoñíamos buscar un moucho tallado en madeira que temos no pueblo. É unha talla que fixo Jose Orduña con motoserra.
Podes velo na foto, xunto coa súa situación no plano.
Actividade 2 - Cuartos e palleiros
Carmiña, no audio do punto 9, ensinouche a diferenciar as diferentes construcións que hai na aldea e propoñíanos atopar os cuartos e palleiros que aínda se conservan.
Hai 5 cuartos (marcados en azul no plano):
- Cuarto da Casoa
- Cuarto de Rigueira
- Cuarto de Chis
- Cuarto de Pedrete
- Cuarto de Marqués
- Palleiro do Roxo
- Palleiro de Chis
- Palleiro de Ancho
- Palleiro de Pedrete
- Palleiro de Marqués
- Palleiro do Coxo
Atopáchelos todos?
Actividade 3 - Terminoloxía do cultivo de pan
Pendente de definir.
Actividade 4 - Fauna e Flora autóctona
Pendente de definir.
Actividade 3 - Busca os trasgos
Antes de rematar o percorrido, no Viso (punto 19), Celtia desafiábate a atopar unha rea de trasgos que estaban nunha casa.
Estaban alí ben cerca, na casa do Viso. Víchelos?
Aquí tes a foto e a ubicación no plano.
Actividade 4 - Busca a Grella
A capela de Piornedo está adicada a San Lourenzo, un santo que foi martirizado nunha grella. No punto 20, o da capela, Sofía propoñía que buscases a grella que hai na capela. Atopáchela?
Na imaxe podes vela.
As actividades propostas no roteiro Descubre Piornedo rematan aquí, pero aínda queda moito Piornedo por descubrir.
Animámoste a seguir paseando polo lugar, facer algunhas das rutas de sendeirismo e por suposto falar cas veciñas e veciños que te atopes polo camiño.