Festa da pandeira 2015

Obsérvase que un bon número de folcloristas, de intérpretes ie de artesanos encauzaron con mutio acerto as súas actividades orredor da pandeira. Sin pretender ser ningún vehículo de trasmisión, si é verdá que úa simple visita a Piornedo o día que se celebra a Festa da Pandeira aporta información mui valiosa, non solo pola contemplación das tocadoras que acuden cada ano senón, tamén, polos contactos que se poden establecer con elas pre, posteriormente, realizar traballos de campo nos seus respectivos lugares ou zonas. Outras veces estes especialistas buscan as súas propias vías de estudio, desplazándose a calquera das zonas montañosas nas que a pandeira sobrevive, en particular pequenos puebliños de Lugo, León ou Asturias.

En calquera dos casos é imprescindible falar cas tocadoras, velas ie oílas tocar, comprobar como son os instrumentos propios, empaparse da cultura, saber como eran as polavilas ia vida destas mulleres etc. É mediante esta inmersión como se pode, dispois, recuperar, interpretar ie transmitir estes saberes co acerto ie rigor que erecen.

Agora que se cupren dez anos é úa boa ocasión pre mirar atrás, contemplar todo o traballo realizado ie lanzar un agradecemento a toda a xente que fai posible esta cita anual. Entre eles tan, como non, as tocadoras, os organizadores e colaboradores ia Área de Cultura da Deputación de Lugo que subvenciona o acto pero, especialmente, tá o público asistente posto que é quen realmente dá sentido a todo esto. Grazas sinceras.

A tocadora homenaxeada este ano é úa das grandes na interpretación da pandeira, María González, nacida en Trabau (Degaña, Asturias) en 1932, onde continúa residindo. Entre os seus méritos cúntanse: ter un disco editado polo “Pueblo de Asturias” xunto ca súa irá Arcides, aparecer varias veces en televisión, protagonizar artigos de prensa, impartir cursos de pandeira ie canto, ter realizado un bon número de recitales ie conceder mutias entrevistas a innumerables folcloristas interesados en recoller as súas habilidades tocando ie cantando.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio