Ben pensado, enque se perdeu mutio das músicas ie dos bailes da montaña, por chegar algo tarde o traballo de recuperación, en mutias cousas chegámos a tempo. Chegamos a tempo sobre todo por ter a oportunidá de conocer a estas mullerse tan admirables que todos os anos nos acompañan ie nos alegran en Piornedo.
Debemos sentirnos ben honrrados pola súa presenza; pasaron calamidades a veces, mutios traballos, enfermedades ie perdas, pero souperon manter a alegría, disfrutar ca música… son animadas ie ledas, ie siguen tratando con estima a todos os que imos petar ás súas portas, día tras día, na procura dos saberes de antes.
Alegramonos de que o grilo prendera ie se vaian incorporando novas tocadoras ie novos grupos á gran irmandá da pandeira para que ésta se manteña por sempre viva.
Este ano dedicámoslle a festa a Valentina. Ua incondicional da Festa da pandeira desde os seus inicios. Veu o primeiro ca súa irmá Esther, ca que fai boa parexa cantando, ios últimos anos ela sola.
Naceu no ano 1937 en Villasumil, seu padre era de Corneantes, da parroquias de Donís, ie súa madre do propio Villasumil. Aprendeu de súa madre a tocar a pandeira ie do padre a cantar algúas canciois que ela dice que “eran De Galicia”. Tocou na súa mocedá nos bailes do lugar, como o resto das mozas do seu tempo “porque nun había gaiteiro”. Casou pre Lumeiras, (tamén en Ancares) pero agora, igual co cuquelo, vai pasar os envernos a sitio mais quente, a Fabero, onde tamén vive a súa irmá Esther.
Valentina é úa muller alegre, amante das bromas, desa xente que axuda a facer festa ia dar alegría nos pueblos, sabe infinida de canciois ie gústanlle sobre todo aqueles romances máis señardosos que canta cun quedo apasionamento. Tamén ten úa fala preciosa, a do Val de Ancares, que se vai perdendo a medida que van faltando os maiores dos pueblos.


