Festa da pandeira 2022

Nos últimos tempos o mundo cambiou, ie non foi todo pre ben: a pandemia que nun nos deixa, a guerra, a subida dos prezos, a calor abafante ios incendios cos seus danos irreparables…terá que ver ca vida que levamos.
Hai outras formas de facer as cousas, ua delas é a das nosas aldeas: hortas ie galiñeiros en cada casa, as axudas dos veciños, a redución das compras, a conservación dos bosques autóctonos, os vellos na súas casas, facerse algo os tolos ie ir indo…


Hai mutio que reflexionar. Tamén hai que buscar refuxios personales ie refuxios compartidos pre sanar as almas.
A nosa tradición musical, ia pandeira en particular por ter esa consideración de domestica ie feminina ten que ver con eso, ca paz interior ie cos momentos íntimos das comunidades rurais. Por eso nunca lles agradeceremos bastante ás nosas informantes o seu legado.

Este ano queremos homenaxear á Tía Ana do Coro de Piornedo.


Ana María Alonso Naceu no ano 1933 en Piornedo, deixounos hai pouco ie nunca parou de recitar ie de cantarlles as canciois de antes ós que anda ban orredor dela, con esa mente sempre lúcida io recordo fresco desas coplas ie romances infinitos.
Pasou os últimos anos da súa vida en Barcelona ca familia ie víaselle revivir cuando, nos vraus, volvía á súa casa io seu pueblo. Irmá doutra tocadora ben querida pre nos, Cecilia Alonso, o que indica que o gusto e o saber facer na música lles viña de familia.


Veu algún ano á Festa da Pandeira pero nun era muller de multitudes, poñíase nerviosa ie prefería os grupiños pequenos. No ano 2019, alguis acordareisvos, participou no curso de iniciación da Pandeira Ancaresa, foi ua sorpresa pre nos ie ua entrañable aportación.

Este ano a Festa da Pandeira foi incrible. Tod@s o dicen.

Volvemos a atoparnos ie volvemos a abrazas ás nosas tocadoras maiores, lamentablemente non a todas porque dous anos a certas edades é mutio.

En cuanto ás actuaciois con pandeira individuales ie de grupos namais hai que ver o programa no que aparece xente de gran renome recreando pezas ie toques recollidas por eles, a maioría de personas que pasaron pola Festa da Pandeira.

Pero o broche de ouro foi ter ademais da representación de Asturias, León ie Lugo, de siempre, tamén de Cantabria (Soltxu) ie de Castela (Segovia, Soria, Palencia…) da mau de Cris Zagaleja ie de Antonio Garcia.

Os obradoiros… sempre pensamos que tan cedo non vai vir naide ie tan a rebosar.

O ambiente foi moi agradable, tamos encantad@de tervos de novo en Piornedo.

Grazas ós e ás que nos axudais a facer a Festa ie que colaborais de forma desinteresada; sodes quen o fai posible!!!.

Pre acabar pedirvos un favor.

Estes anos de pandemia tamén pasaron pre nos ie perdemos as habilidades, nun temos case fotos ou vídeos pre subir ás redes, a ver se subis algua cousa a esta páxina.

A Mellor Festa da Pandeira que houbo pero non aparece en ningún lado. É úa festa secreta!!.

Un chucho.

No noso Facebook podes atopar vídeos e fotos desta edición:

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio