Festa da pandeira 2023

Piornedo é unha aldea conocida sobre todo polas súas pallozas, son elas as que recollen ie lle dan sentido ó resto dos nosos tesouros culturales ie
etnográficos: as lendas, o folclore, as costumbres, os traballos… que convirten o lugar nun laboratorio etnográfico vivo.

A nosa incomprensión porque as administracións responsables do patrimonio non boten mau delas é tal que xa non sabemos onde acudir para denunciar esta inxustiza. Queremos compartir coas nosas amigas ie amigos da festa da pandeira a angustia io desamparo que sentimos ante o deterioro rápido ie imparable destas pezas únicas do patrimonio cultural galego, enque xa sabemos que conoceis o problema ie compartís cos nos a preocupación; parece que nos alivia poñelo por escrito.


Este ano dedicámoslle a festa a Marilú, que xa nos leva acompañando un montón de anos, con esa desposición ia alegría que a caracterizan.
Marilú naceu no Corralín, un pueblín precioso de Degaña que inda hoi nun ten bon camín.. Aprendeu a tocala pandeira das rapazas grandes, porque andaba detrás delas ie iba practicando á súa maneira, muitos dos cantares que sabe aprendeunos do seu padre. Ós dezaseis anos marchou do lugar ie despois casou. Viviu en Oviedo pero volvía polo vrau ie paraba en Sistierna, donde era o seu home.
Nunca deixou de tocala pandereta, que é como lle chaman por eili, ie co que lle gusta…temos festa pre rato.

Que nun lugar tan pequeno ie con tan poucos medios se poda organizar un encontro tan importante é grazas á xenerosidade de todas e todos vos: amig@s, veciñ@s, expert@s da musica tradicional, profesores ie alumnos de percusion ie de baile de moitísimos lugares…

Cuntamos unicamente cunha axuda económica da área de Cultura da Deputación de Lugo pero temos a colaboración desinteresada io cariño de mutia xente, que este ano ademais de traballos pasou frío. Nunca volo daremos pagado!!!

No noso Facebook podes atopar vídeos e fotos desta edición:

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio