Cuando se desenvolveu o Folclorismo en Galicia, en Asturias ie en León, entre finales do XIX ie principios do XX, adoptáronse úa serie de estereotipos instrumentales que se difundiron enormemente por medio dos denominados grupos de Coros ie Danzas. Esí a gaita, o tambor, a pandeireta acadaron un protagonismo excesivo, quedando outros instrumentos tradicionales nun segundo plano.
Pero hoi hai úa búsqueda dos feitos musicales auténticos que ta dando interesantes resultados, ca colaboración dos propios intérpretes rurales cuando estes conservan inda as cualidades. Afortunadamente na zona de Ancares temos eses intérpretes con cualidades que nos tan desvelando con cada edición da FESTA DA PANDEIRA ese interesante mundo.
Seguindo a pauta das tres anteriores ediciois, nesta ocasión dedicamos a Festa a Carmen Álvarez de El Poblado, Ibias (Asturias), nacida no lugar de Tormaleo no ano 1918, que viviu úa época moi activa da pandeira nesa zona do suroeste asturiano. Os seus 91 anos vanlle restando facultades pero conoce ben xéneros como a jota, a moliñeira ou “la gallegada”.
Na parroquia de Tormaleo houbo moita riqueza musical en tempos pasados. Tocando a pandeira hai que destacar a Dolores e María (as dúas de 1880 a 1950 aprox.), da casa de Cachorro do mesmo Tormaleo, ie á propia Carmen Álvarez. Tocando a gaita temos que citar a Adolfo Pérez (1902-2004 aprox.) de Buso. Tocando a xipra io tambor ó tíu Domingo (1870-1940 aprox.), de Luíña, ie ó tíu Vitan (1880-1950 aprox.), de Tormaleo, o máis célebre tamboriteiro de Asturias.


