As percusiois da mao do tipo da pandeira son moi numerosas en todo o mundo. Comparten a mesma configuración básica de aro e parche pero hai moitas diferencias máis ou menos destacadas, conforme ás tamén diferentes tradiciois das zonas do mundo nas que se tocan. As principais diferencias están no diferente papel musical de cada percusión, unido ó diferente papel social dos tocadores ou tocadoras.
En Galicia, Asturias ou León a pandeira ten un uso profano e sirve de acompañamento á voz, polo que o toque ten algo de monótono, de simple, sen os virtuosismos que se xeneran nas percusiois que acompañan a instrumentos melódicos (vento, corda, etc.). Na nosa zona, demais, a tradición oral conservou os esquemas no tempo con moita fidelidade.
A tal punto non sorprende que os tocadores de pandeireta, nos grupos de gaita que proliferaron en Galicia a mediados do XX, desenvolviran un repertorio de variaciois considerable, botando mao dun riscado casi inexistente con anterioridade que entre todos, homes e mulleres, explotaron con moito éxito.
Fóra de España atopamos moitas percusiois da familia como daf, gaval, riq, bendir, bodran, etc., exportadas a países industrializados. Desvinculadas das tradiciois orixinais e da voz tócanse con virtuosismos inimaxinables, grazas ó tesón de xóvenes que gastan moitas horas na percura dese pracer ou, algo cada vez máis frecuente, na busca de profesionalización.
Esta séptima edición da FESTA DA PANDEIRA está adicada a Aurelia Gómez, nacida en Moreira en 1935. Aurelia sembrou en nós a pasión pola pandeira porque foi a primeira tocadora que conocimos, a que mellor estudiamos e unha das máis virtuosas. Voluntariosa e amable sempre acude cando se lle chama, sempre se presta cando se lle pide tocar. Non se sinte cómoda cantando pero conoce moitas cántigas e romances interesantes. O máis destacado dela é a maneira que ten de tocar a dúas maos, moi persoal e efectiva aínda que tamén toca cunha soa mao cando quere.
