Festa da pandeira 2014

A pandeira é un instrumento musical propiamente feminino que fizo florecer nesta serra úa cultura musical rica, enraizada ie participativa pero cun marcado carácter doméstico.
As mulleres eran as encargadas de amenizar os bailes ias polavilas todas as noites, sobre todo no enverno, cuando había máis tempo libre.
O habitual era que en cada pueblo as mozas tuveran úa pandeira, que facían entre todas ou pagaban a escote. Ívanse relevando pre tocala ia maior parte delas cantábanlle. A pandeira guardabal a moza solteira máis vella ie, cuando casaba, pasáballal á seguinte.
Sería por esa cotidianeidade ou por ser cousa de mulleres que non era un instrumento con prestixio como acontecía ca gaita que se pagaba pras festas do pueblo ie pras vodas.
Sería por eso, pola súa modestia, que case a perdemos… Por eso queremos sempre mostrar o noso respeto ie agradecemento a estas mulleres, ás tocadoras, pola súa valentía e xenerosidade ie pola alegría ca que nos trasmiten estes saberes tan especiales.

Cecilia do Coro, á que lle dedicamos este ano a Festa da Pandeira, foi úa das tocadoras das polavilas de Piornedo pois eiquí naceu no ano 1937.
Cecilia naceu na casa de Marqués, cuando era moi pequena (4 ou 5 anos) os seus padres compraron a casa do Coro ie nela viviu ata que casou ós 24 anos. Foi vivir á casa do seu home que era de Porcís, na parroquia de Cereixedo, pero ó cabo de 10 anos decidiron marchar ie compraron úa casiña, como ela dice, cúa horta en Fuentesnuevas, en lado de Ponferrada, que é onde sigue vivindo.
Cúntanos que casou na capilla de Piornedo ie recorda con cariño as tocadoras da súa voda que foron Ludivina e Almirinda de Perdigón ie Carme da Rigueira.

Entrevistas ás organizadoras e ás tocadoras nas emisoras Radio Galega, Radio Bierzo e Onda Cero Cangas del Narcea:

Reportaxe en El Progreso (24/08/2014):

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio