Cuntan os vellos que había boas polavilas en Cela, Vilarello da Iglesia, Quidous, en Noceda, Vilanova do Pedregal…pueblos algo grandetos nos que se xuntaba mutia mocedá ie viña xente doutros mais pequenos… Xuntábanse decote no mismo sitio: un portal, un cuarto valeiro, úa cantina, todos os domingos ialgún que outro día señalado.
Tamén nos cuntan que se había gaiteiro tocaba o gaiteiro acompañado de tambor, alguas veces improvisado como úa fuente de ferro que tocaban en Noceda. Se nun había gaiteio eran as mozas as encargadas de facer o baile cantando ie tocando a pandeira ou pandareta. Tocaba úa moza sola, “a primeira que al agarraba tocaba asta que cansaba ie dispois dáballal a outra, porque nun había mais que úa en cada pueblo, que facían as mozas ca pelexa dun cabrito”.
As encargadas da pandeira eran as mozas pero sempre había rapaces, como o noso homenaxeado deste ano, que facían festa eilí onde tuveran.
Fernando naceu en Vilanova do Pedregal (parroquia de Noceda) en 1938, era fillo dun gran cantador, donde recolleu de primeira mau a tradición musical da zona ia paixon pola música. Marchou novo pre Barcelona, eilí tuvo contactos con algún centro Galego ie atopou o seu instrumento preferido: úa pandeiretiña exagonal que debía ser Chilena ca que se atopou agusto ie nun se separaba dela.
Nun tocaba a pandeira ou pandareta ó estilo propio de Cervantes pero era un gran entusiasta da música ie da tradición folclórica da zona, veu ás primeiras ediciois da festa da Pandeira ia varias polavilas, del aprendemos pezas interesantísimas que alguis grupos xa interpretan con mutio acerto polo mundo adiantre.
Cuando se xubilou volveu á súa terra natal ie daba gusto atopalo nalgúa troula porque trasmitía paixon ie entrega á vez que úa gran humildade ie saber facer. O seu grupo de músicos preferido, os Xardois, que xa van mocetos pero empezaron de novos tiñan en Fernando un entusiasta admirador ie un esixente colaborador pois participaba en todos os ensaios ie actuaciois do grupo pero tamén organizaba ensaios extraordinarios.


