Fálase a menudo do gran aislamento ie incomunicación que había antes nestes lugares da montaña, pensamos que nun había información nin se trasmitían as noticias que a xente taba metida nos seus lugares sin salir nin relacionarse ie por eso se conservaron saberes, músicas, a pandeira… eso é namais úa parte da verdá.
A xente cuando salía dos pueblos taba mui atenta ie traía cousas doutros lugares, ferramentas que facian a vida mais endoada, coplas, cuentos, formas de traballar ou de adevertirse… había tamén oficios ie oficiales que ademáis de arreglar potas, traballar a pedra, facer albardas, concas etc. tiñan un verdadeiro papel de transmisores da cultura ie da información. ¡ Como se non ivamos atopar as mismas coplas de muliñeira en Donís ie no sur de Pontevedra, os mismos romances ie canciois en Piornedo que en trabau ou nas Médulas!.
Precisamente das Médulas é a nosa homenaxeada deste ano: Amparo Voces. É ua asidua da Festa da pandeira desde o ano 2013, os primeiros anos veu ca súa irmá Aurora que tamen cantaba miu ben.
Amparo naceu en Novembro de 1940 en La Chana, concello de Borrenes, lugar no que sigue vivindo . Casou cun rapaz nacido en Toral de los Vados pero que se criou en Borrenes.
Amparo é una muller moi aberta ie intelixente, conversadora amena cua memoria prodixiosa pre recordar coplas larguísimas (romances) cos seus sons diferenciados, cantares de ronda, de sega… Cuntanos amparo que aprendeu de nena a tocar a pandeira, aprendeu cas mozas mais vellas que ela: a tía Agustina, Carmina, Rosaura, Maruja a Chincha, a tía Felisa… tocaban mutio nos carnavales, tiñan úa pandeira entre todas, era grande porque as facían co aro dun cribo, a pelexa poñíanllal de ovella, tiñaal a da cantina pero estragouse ie tuveron que escotar a tres pesetas pre comprar outra. Cuando ele foi moza xa veu o arradio ie xa nun bailaban ca pandeira.
Aprendeu mutios cantares de siega de súa mai, que cantaba miu ben, ie coplas cua rapaza que viña da Cabrera de pastora, tamen cantaban canciois de ronda os mozos cuando andaban polas bodegas. Había mutia mocedá, no enverno facían baile na capilla, que ten un portalón empedrado ie no vrau na pista, ivan todas as mulleres ie sentábanse a mirar orredor.


