18. O Tiu Anxelón do Coxo

Como non temos información sobre as verdadeiras orixes da nosa aldea, Lucía cóntanos como ás veces na nosa memoria colectiva é dificil diferenciar entre as lendas e a historia. Neste caso, falamos da figura do Tiu Anxelón do Coxo, unha figura que pode parecer precristiá, ao igual que outros vestixios e costumes que hai no lugar.

Andrea toma a palabra para explicar o que é o noso “Concello”, a reunión de todas as cabezas de familia do pobo para decidir sobre diferentes aspectos da nosa vida en común e que nos afectan a todas as casas.

As historias do noso pasado

Gustaríanos que se tiveran realizado escavacións arqueolóxicas porque todo o mundo nos pregunta cal é a antigüidade das casas e do pobo e non temos a resposta.

As casas son prerromanas pola súa forma e polos materiais cos que están construídas, pero non sabemos se é un asentamento da época castrexa (tribus Astures) ou se se fundou máis tarde. Non hai cousas escritas tan antigas e o único que temos son algúns vestixios como a simboloxía que hai nos hórreos e tamén algunhas costumes precristiás, como a de non apagar nunca o lume.

A estatua que vedes encima do horro do Coxo déronlle en chamar o Tiu Anxelón, por un home que vivía na casa do Coxo.

Contan algúns que a atoparon os do Coxo fai moitos anos arando nas Novas, chamoulles a atención e colocárona no pico do horro. Pero non se sabe se é así ou se a fixeron eles mesmos, como tamén pasou coa fonte do curral do Sesto que a fixo Albino hai uns anos.

Ten dúas características das que falan os libros de arte: hierática e sedente pero…

O Concello

O Concello é outra das costumes que seguimos mantendo en Piornedo: a reunión dos cabeza de familia de cada casa para decidir sobre aspectos que nos afectan a todos e todas. Antes, a esta reunión só asistían homes, pero hoxe tamén hai mulleres.

Cada mes, un destes cabeza de familia é o celador, que se encargará de chamar ao Concello a reunirse para calquera decisión que precise acordos ou tamén por petición de calquera persoa da veciñanza. Antes, cando éramos moitos habitantes no lugar, había que facer traballos comunitarios como a limpeza ou os arranxos en diferentes zonas e era o celador dese mes a persoa encargada de organizalos.

A planta da luz, a escola ou a traída da auga, son algunhas das cousas que se fixeron entre toda a veciñanza.

Descubre Piornedo

Descubre Piornedo 1
Scroll ao inicio