20. A capela
Piornedo pertence á Parroquia de Donís, son trece aldeas e en cada unha hai unha pequena capela construída polos veciños, segundo nos contaron. Agora estás na capela de Piornedo, unha pequena ermita dedicada a San Lourenzo. Ten planta rectangular, mide 10,70 x 5,40 metros e os muros son de cantaría rematados nunha cornixa de bardas. …